DISTRIBUCIÓN HORECA E TENDAS

A nosa traxectoria e expeciencia é o noso mellor aval na distribución de produtos en establecementos enmarcados na rama HORECA así como a tendas de alimentación.

O Forno do Tomás oferta unha ampla gama de produtos de panadaría e repostaría ideais tanto para a venda diaria así como para eventos especiais (vodas, comuñóns, banquetes, caterings, etc).

Contamos cunha ampla rede de repartición que nos permite atender en toda a provincia de Ourense de forma fiable e satisfactoria.

Se vostede está interesado en informarse sobre os nosos servizos, pode poñerse en contacto connosco no 988 44 11 20 ou a través do noso correo electrónico ofornodotomas@hotmail.com