Dende 1940 elaborando produtos de forma artesá.
O Forno do Tomás, o de toda a vida.
O FORNO DO TOMÁS
Aló polo ano 1940, Tomás Borrajo e Julia Martínez fundaban unha pequena panadería artesanal. Realizaban a venta dos seus produtos na vila de Allariz e polas aldeas próximas en cabalería.
Foi o seu fillo, Félix Borrajo, e a súa muller Marisol Vila, quen colleron o relevo ao comezo dos anos 80, dándolle continuidade á actividade no mesmo obrador.
A partir de entón, e coa posterior incorporación dos netos dos fundadores, Félix Borrajo primeiro, e Rosalía Borrajo posteriormente, a empresa foi medrando e adaptándose aos novos tempos.
Hoxe en día, O Forno do Tomás conta con sete establecementos ubicados entre Allariz e Ourense, e en constante proceso de expansión e innovación, mantendo por riba de todo o máis importante, o bo facer e a tradición.
O sabor e a calidade, o máis importante