O FORNO DO TOMÁS

O forno do Tomás  é unha empresa familiar cunha xa longa tradición.

Aló polo ano 1940, Tomás Borrajo e Julia Martínez fundaban unha pequena panadería artesanal. Realizaban a venta dos seus produtos na vila de Allariz e polas aldeas próximas en cabalería.

Foi o seu fillo, Félix Borrajo, e a súa muller Marisol Vila, quen colleron o relevo ao comezo dos anos 80, dándolle continuidade á actividade no mesmo obrador.

A partir de entón, e coa posterior incorporación dos netos dos fundadores, Félix Borrajo primeiro, e Rosalía Borrajo posteriormente, a empresa foi medrando e adaptándose aos novos tempos.

CONSOLIDACIÓN E CRECEMENTO

No ano 2007, o proxecto culminou coa creación de O forno do Tomás S.L.;  trasladaron a produción a unhas novas instalacións, grandes e modernas, e deron resposta, deste xeito, ás novas normativas sanitarias e á crecente demanda da súa produción.

Hoxe, a terceira xeración de panadeiros aposta por unha empresa que aúna tradición e modernidade, convertendo esta maridaxe na clave do éxito dos seus produtos.